Noticias e alertas

Guitiriz celebra o Día do Libro coa IV edición do seu concurso literario ‘Tes un conto…’

22/04/2024

O Concello de Guitiriz, a través da Biblioteca Pública Municipal ‘Casa Habanera’, celebra o Día do Libro este martes, 23 de abril, coa IV edición do concurso literario ‘Tes un conto…’.


Esta iniciativa busca participantes do municipio que envíen os seus relatos creados a partir de distintas palabras aleatorias. O prazo para mandalos remata o 31 de maio.


As persoas interesadas deben acudir á Casa Habanera para recoller os dados e as instrucións sobre como xogar. Para aqueles e aquelas que non poidan facelo de forma presencial, existe a opción de solicitalas mediante o e-mail biblioteca@concelloguitiriz.com.


Os contos poderán mandarse a ese mesmo de enderezo electrónico, ser entregados na Casa Habanera ou enviados a  través de correo postal a: ‘B.P.M. Casa Habanera, rúa do Concello, nº42, San Xoán de Lagostelle, 27300, Guitiriz.


Non hai límite de palabras nin de idade. Ademais, todas as persoas participantes recibirán un agasallo e formarán parte da iniciativa ‘Tes un conto…’.


O artigo Guitiriz celebra o Día do Libro coa IV edición do seu concurso literario ‘Tes un conto…’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies