Noticias e alertas

A Casa Habanera pon en valor os produtos de outono e a dinamización da lectura cunha nova edición das “Receitas de Outono con poesía”

15/10/2021

A biblioteca municipal Casa Habanera de Guitiriz, xunto co Servizo de educación familiar, organizan unha nova edición das ‘Receitas de Outono con poesía’ para poñer en valor os produtos de tempada e a dinamización da lectura e escritura.

O prazo de participación será desde hoxe, 15 de outubro, e ata o vindeiro 15 de novembro. A proposta consistirá en elaborar unha receita con algún producto outonal, sacarlle unha foto e darlle un nome á elaboración.

A continuación, deberá elaborarse un poema orixinal que teña por temática o outono e que conte cunha extensión mínima de 4 versos e máxima de 16 versos.

Para poder participar é impresincible enviar a foto da elaboración culinaria e o poema, ao correo electrónico biblioteca@concellodeguitiriz.com. Todos eles iránse publicando nas redes sociais do Concello.

O xurado elixirá a receita e o poema máis creativos e a persoa gañadora recibirá un agasallo, que será entregado na Casa Habanera. Valorarase a conexión entre a receita e o poema.

Admítense dous receitas/poemas por participante e poderán participar persoas de calquera idade.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies