Noticias y alertas

O CONCELLO DESTINOU 17.900 EUROS EN AXUDAS A ASOCIACIÓNS E CLUBS DURANTE O 2021

08/01/2022


Para o 2022 auméntase a partida do orzamento para este fin, ascendendo a 25.000 euros e beneficiando a 18 entidades do municipio.


O Concello de Guitiriz destinou durante o ano 2021 un total de 17.900 euros a través de convenios para subvencionar as actividades e investimentos de diferentes asociacións e clubs con sede no municipio.

Así, asináronse convenios con 11 asociacións e clubs: Asociación Educando en Familia, Asociación Cultural de Xermolos, ANPA Lagostelle, ANPA San Estevo de Parga, Sociedade Deportiva Guitiriz, Asociación Amas de Casa, Asociación Feira dos Callos de Parga, Clube Tiro con Arco, Asociación Txoko de Parga, Cáritas e Clube BTTeiros Cova da Serpe.


Para o ano 2022 o goberno local aumentou a partida para este mesmo fin, sumando 25.000 euros de orzamento a liña de axudas a asociacións e clubs municipais, que beneficiará a 18 entidades.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, destacou a importancia desete tipo de subvencións “que permiten ás entidades do municipio continuar realizando a súa actividade e mellorando o servizo que dan durante todo o ano a moitos dos nosos veciños e veciñas”.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies