Noticias y alertas

Os programas ‘Guitiriz en ruta’ e ‘Btteando por Guitiriz’ clausuraranse este domingo en Outeiro de Rei

24/05/2022

Este domingo, 29 de maio, Outeiro de Rei, máis concretamente a zona de Penas de Rodas, será o lugar escollido para clausurar os programas municipais ‘Guitiriz en Ruta’ e Btteando por Guitiriz’.

O Concello fixo coincidir a clausura dos dous programas, que terán saída e chegada neste fermoso e máxico lugar, para poder facer así un peche de temporada conxunto. O prazo para anotarse a calquera das dúas opcións remata o 27 de maio ás 14 horas e pode facerse vía telefónica no 982 37 01 09 ou, no caso da BTT, nas redes sociais do Club Btteiros Cova da Serpe, que colabora nesta iniciativa.

A saída para os btteiros será ás 10 horas desde a área recreativa de Penas de Rodas. Como sempre, a ruta está aberta ao público en xeral pero os menores de 14 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta.

No caso da andaina, elaborouse unha ruta circular, de dificultade baixa, de 12 quilómetros con saída e chegada na área de Penas de Rodas e subida ao miradoiro con vistas á comarca da Terra Chá. A hora marcada para a saída desde Guitiriz é as 9 desde o Campo da Feira.






Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies