Noticias y alertas

Comeza a universidade de verán da USC ‘Paisaxe e biodiversidade’ con 36 participantes

28/06/2022

Hoxe, martes 28 de xuño, deu comezo a universidade de verán da USC sobre ‘Paisaxe e biodiversidade’, que se desenvolverá ata o 30 de xuño na Casa Habanera e que conta con 36 participantes.

Na inauguración da décimo cuarta edición dos seminarios de verán sobre a paisaxe que desenvolve a Universidade, en colaboración co Concello, no municipio, participou a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López e os directores do curso, María Julia Melgar Riol e Roxelio Pérez Moreira.

O obxectivo deste seminario, para o que era necesario unha inscrición previa, é o de examinar, dun xeito pluridisciplinar, as diversas relacións entre paisaxe e biodiversidade, aproveitando a gran diversidade de espazos naturais, hábitatas e nichos ecolóxicos que hai en Galicia.

Ademais dos diferentes relatorios que se levarán a cabo durante as tres xornadas de duración do curso, tamén haberá proxeccións audiovisuais relacionadas coa temática e un roteiro polo concello titulado ‘Guitiriz, pedra, auga e astronomía’.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies