Noticias y alertas

O venres 9 abre o prazo para matricularse nas Escolas Deportivas municipais 2022/2023

07/09/2022

O Concello de Guitiriz abrirá este venres, 9 de setembro, a partir das 8:30 horas, o prazo de inscrición para participar nalgunha das propostas que incorporan as Escolas Deportivas Municipais para o curso 2022/2023.


A matrícula poderá formalizarse ata o 23 de setembro de xeito presencial na casa consistorial, en horario de 8:30 a 14:30 horas e sempre con cita previa, ou a través da sede electrónica municipal.


As prazas cubriranse por estrita orde de inscrición e non se poderá inscribir unha mesma persoa na mesma actividade en dous grupos diferentes. O prezo das actividades será de 12 euros ao mes por alumno/a e actividade e o prezo da matrícula de 10 euros, que se aboará unha vez que a persoa estea admitida na actividade solicitada.


A oferta deportiva inclúe: ximnasia de rehabilitación, actividades aeróbicas (aerobic, step, zumba), zumba infantil, pilates, ioga, ximnasia rítmica, campo a través / atletismo, tenis de mesa, patinaxe, fútbol sala e pádel.


Este curso 2022/2023 as actividades comezarán o luns 3 de outubro de 2022 e rematarán o 31 de maio de 2023, a excepción do fútbol sala, que rematará o 15 de xuño por mor das competicións.


Descontos


O Concello de Guitiriz aplicará descontos na matrícula nos seguintes supostos: 20% aos membros de familias numerosas, 20% na segunda actividade por estar matriculado en dúas ou máis e, por último, para familias con poucos recursos (consultar en Servizos Sociais do Concello).


SOLICITUDE INSCRICIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2022 – 2023


TRÍPTICO INFORMACIÓN EDM 2022-2023


O artigo O venres 9 abre o prazo para matricularse nas Escolas Deportivas municipais 2022/2023 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies