Noticias e alertas

O programa Educando en Familia dará comezo a próxima semana en Guitiriz e Parga

21/09/2022

O programa Educando en Familia dará comezo a próxima semana en Guitiriz e Parga, as sedes onde se levará a cabo este curso.


Programáronse reunións para formalizar a inscrición, presentar o programa e dar inicio ao curso. O luns 26 de setembro ás 16:30 horas terá lugar no CEIP de Lagostelle (Guitiriz), e o martes 27 de setembro ás 10:30 horas no CEIP Santo Estevo de Parga.


Este programa está dirixido especialmente a familias con nenos e nenas de entre 0 e 6 anos, a mulleres xestantes e lactantes, a mulleres inmigrantes en risco de exclusión social e tamén a escolas infantís, proporcionando orientación familiar no seu ámbito.


Entre as actividades que se levan a cabo nas diferentes sesións están: charlas divulgativas; participación en programas de radio; obradoiros;  biblioteca Itinerante; colaboración con traballadoras sociais, centros educativos, escolas infantís, centros de atención temperá; excursións…


O artigo O programa Educando en Familia dará comezo a próxima semana en Guitiriz e Parga publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies