Noticias y alertas

Guitiriz celebra a VII exposición fotográfica ‘Tal como eramos’

17/01/2023

A Escola Habaneira acollerá desde o vindeiro venres, 20 de xaneiro, a nova exposición de fotografía antiga de Guitiriz e a súa xente.


Nesta VII edición, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, mostraranse 120 fotos en branco e negro e de temática diversa; lugares, festas, persoas soas ou en grupos, traballos, ocio ou deporte da nosa vila.


A mostra inaugurarase o venres 20 de xaneiro, ás 20:00 horas, e estará aberta para todos os públicos. Ademais, ese mesmo día realizarase o visionado comentado de todas as fotos expostas e tamén actuarán o grupo de pandereteiros/as “Na casa Zoqueiro” e a Coral de  Xermolos.


As persoas que visiten esta exposición poderán gozar e aprender como era a nosa vila hai décadas e como vivían, como vestían, como se divertían e como traballaban as persoas habitantes de Guitiriz da segunda metade do século pasado.


O artigo Guitiriz celebra a VII exposición fotográfica ‘Tal como eramos’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies