Noticias y alertas

Ante a “inacción” da Xunta, o Concello asumirá o financiamento do proxecto para a ampliación do PAI

16/03/2023

O Concello de Guitiriz asumirá con fondos municipais o investimento necesario para executar o proxecto para a ampliación do PAI. Así o comunicou hoxe a alcaldesa, Marisol Morandeira, tras recibir a confirmación da Xunta de Galicia de que non cofinanciarán esta actuación.


Morandeira critica a “inacción” da Xunta tras a negativa do Director Xeral de Familia, Jacobo Rey, de participar, a partes iguais co Concello, no financiamento das obras que permitirán ampliar a oferta do PAI en 15 prazas de educación infantil (0-3 anos) e para as que a administración local xa recibiu unha axuda de 92.780,25 euros a través dos fondos Next Generation, que non é suficiente para sufragar a totalidade do orzamento.


“A Xunta está deixando de lado as súas competencias na educación dos nenos e nenas de 0-3 anos e ademais está incumprindo o compromiso que acadamos coa conselleira, Fabiola García, no ano 2019, de que resolvería o déficit que temos de prazas de 0-3 anos”, explica.


A rexedora indica que “seguimos todos os pasos que nos pediron desde o primeiro momento, presentamos diferentes alternativas, conseguimos financiación a maiores e agora din que non poden colaborar mentres temos que ver como poñen cartos noutros concellos que non teñen estas necesidades”. “Paréceme unha falta de respecto cara os veciños e veciñas de Guitiriz”, afirma.


O artigo Ante a “inacción” da Xunta, o Concello asumirá o financiamento do proxecto para a ampliación do PAI publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies