28/01/2020
O Concello de Guitiriz lanza unha campaña de reciclaxe co obxectivo de concienciar aos veciños e veciñas do municipio da importancia de separar correctamente os residuos que producen diariamente.
O Concello de Guitiriz lanza unha campaña de reciclaxe co obxectivo de concienciar aos veciños e veciñas do municipio da importancia de separar correctamente os residuos que producen diariamente. A través desta campaña, que se difundirá vía online nas redes sociais do Concello e tamén na páxina web municipal, explícase o que se debe depositar en cada contedor: amarelo (envases de plástico, latas, briks,papel de aluminio, bolsas e envoltorios de plástico), verde (restos de alimentos, materiais non reciclables), azul (papel e cartón) e no iglú verde (vidro).
Ademais, tamén existen minipuntos limpos na Plaza de Santa María (Guitiriz), na rúa Ponteveiga (Guitiriz) e na Avenida Estación (Parga) para depositar pilas e baterías, CDS, bombillas ou pequenos aparatos eléctricos. Por outro lado, a través do proxecto ‘Aceto’ colocáronse diferentes colectores de aceite en San Xoán de Lagostelle (Rúa do Conxello, Avenida de Lugo, Curro Vello, Rúa Río Forxá, colexio Lagostelle e Centro de Saúde), en Parga (Escola das Nenas), e en Vilares (Merendero).
Para a recollida de enseres e voluminosos é necesario primeiramente chamar ao Concello no 982370109 e a recollida efectuarase o 1º e o 3º mércores de cada mes. A través desta iniciativa o Concello de Guitiriz continúa a cumprir rigorosamente cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, neste caso concretamente o número 13 ‘Acción por el clima’ e, neste sentido, lembra aos seus veciños e veciñas que o idóneo sería reducir drasticamente o uso de envases de plástico.
Fuente: Concello de Guitiriz
Más InformaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies