Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz organiza unha excursión ao parque acuático de Cerceda

30/06/2020

O Concello de Guitiriz organiza unha excursión ao parque acuático de Cerceda o vindeiro venres 17 de xullo.

As persoas interesadas poderán inscribirse na Casa do Concello de luns a venres no horario de 8,30 a 14,30 horas. O prazo de anotación remata o mércores 15 de xullo. Á actividade poderán apuntarse a mocidade con idade comprendida entre os 8 anos, xa cumpridos, e os 18 anos.

O pago do importe das entradas realizarase no Concello e variará dependendo da idade dos asistentes e de se están ou no empadronados/as no Concello de Guitiriz.

Para os empradroados/as de 8 a 12 anos (incluidos) terá un prezo de 4€ mentres que os empadroados/as maiores deberán pagar 7€. O prezo das entradas para a mocidade non empradroada en Guitiriz será de 8€ para os nenos de 8 a 12 anos e de 11€ para os maiores de 12 anos. En ambos casos, os nenos non empadroados deberán pagar 4€ a maiores en conpceto de seguro.

Os asistentes deberán levar a tarxeta sanitaria e DNI, así como toalla, bañador, chanclas, gorra, protección solar e roupa para mudar por se fora necesario. Cada neno/a deberá levar a comida e bebida para xantar e merendar e identificar cada comida co seu nome.

Será imprescible que cada asistente leve máscara e os menores de 13 anos non poderán levar móbil, mentres que os maiores só poderán utilizalo cando se autorice polos monitores/as.

Se recomenda non levar obxetos de valor xa que o Concello de Guitiriz non se responsabiliza da pérdida ou extravío dos mesmos.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies