Noticias y alertas

O Concello subministrou material de protección para a atención ao público a 118 autónomos e pymes do municipio

27/07/2020

O Concello de Guitiriz repartiu material de protección a un total de 118 autónomos e pymes do municipio para que puidesen reabrir os seus negocios de cara ao público garantindo tanto a súa seguridade como a da súa clientela.

Desde que comezaron as diferentes fases da desescalada o goberno local iniciou esta campaña pola que, aqueles establecementos que fosen a ter atención ao público, podían solicitar o material de protección e este entregábase na casa consistorial.

Así, actualmente xa se fixo entrega de 96 dispensadores de xel, 97.200 ml. de xel hidroalcohólico, 5.420 máscaras, 9 pantallas faciais e 1.100 luvas.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explicou que “este tipo de apoio era e é moi necesario para axudar ao tecido empresarial co que temos unha relación diaria máis directa a retomar a súa actividade e poder mantela con seguridade”.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies