Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz organiza unha xornada de astronomía na noite do 13 ao 14 de agosto

03/08/2020

O Concello de Guitiriz organiza unha xornada sobre astronomía na noite do 13 ao 14 de agosto. A actividade, que se levará a cabo de 21:00 a 01:00 horas desde Pedrafita, estará dirixida por Moisés Lameiro.

Moisés é o presidente da Asociación Astronómica Cova da Serpe e tamén foi durante varios anos redactor da revista AstronomíA (antiga Tribuna de Astronomía e Universo), ademais de ser un dos organizadores da primeira edición de Astrogalicia.

A saída está programada para as 21 horas desde o campo da feira de Guitiriz. Desde alí os participantes trasladaranse ata a área recreativa de Parga para cear o que cada un trouxera da casa. Rematada a cea, Moisés Lameiros falará sobre as estrelas, cometas... Despois, desprazamento a Pedrafita desde onde se fará a observación estelar, facendo especial fincapé na estrela ‘Rosalía de Castro’ e nas Bágoas de San Lourenzo’. É obrigatorio acudir con máscara e aconséllase levar unha esterilla e prismáticos.

As prazas para asistir son limitadas polo que os interesados ou interesadas deben facer reserva previa, de xeito presencial no Concello ou a través do teléfono 981 37 01 09.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies