Noticias y alertas

O Concello ofrece 38 cursos gratuítos para o mes de decembro grazas ao acordo con Foro de Formación y Ediciones

01/12/2020

O Concello de Guitiriz ofrece para o mes de decembro 38 cursos gratuítos e telemáticos grazas ao acordo de colaboración alcanzado con Foro de Formación y Edicions SL.

As accións formativas, que comezaron en novembro e irán renovándose mensualmente, abarcan un amplo abano de sectores como o do metal, alimentación, química, agricultura, medio ambiente, construción... Por exemplo, os interesados e interesadas poderán formarse en ‘Xestión de crises alimentarias’, ‘Técnico en Enerxía Hidráulica’, ‘Extinción de Incendios Forestais’, ‘Nutrición e Dietética’ ou ‘Enerxías renovables, especialidade biomasa’, entre outros.

Os cursos levaranse a cabo a través das plataformas do Foro de Formación y Ediciones e estarán supervisados por profesionais con ampla experiencia no sector. Unha vez rematada a formación, os alumnos serán acreditados co título que lles recoñece que fixeron a formación e superaron as diferentes probas. Recibirán un título homologado pola FUNDAE e toda a acción formativa estará supervisada polo SEPE, o que avala a garantía e o rigor da ensinanza.

Para anotarse en calquera dos cursos hai que poñerse en contacto co Concello vía telefónica a través do 982 370 109.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies