Noticias e alertas

Guitiriz manterase no nivel máximo de restricións

22/02/2021

A Xunta de Galicia anunciou hoxe as modificacións ás restricións actualmente vixentes na comunidade de Galicia por mor da COVID19.

Estas medidas, aínda pendentes de publicación do Diario Oficial de Galicia, están previsto que entren en vigor o próximo venres 26, ás 00:00 horas.


Polo tanto, o Concello de Guitiriz manterase no nivel máximo de restricións, polo que permanecerá pechado perimetralmente.
Só se permitirán reunións de persoas conviventes.
A hostalaría permanecerá pechada e só se permitirá o servizo a domicilio e de recollida en local.
O comercio seguirá co seu horario habitual, mantendo un aforo do 50%.
O toque de queda continúa manténdose en toda a comunidade nas 22:00 horas.


Recordamos a necesidade de cumprir en todo momento coas medidas sanitarias e de prevención para frear entre todos e todas o #virus.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies