Noticias y alertas

Pablo Bouza Suárez, gañador do V Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía

22/02/2021

Na tarde de hoxe, 22 de febreiro, tivo lugar en sesión telemática, a instancias do Concello de Guitiriz, a xuntanza do xurado que decidiu o V Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía que, logo da pertinente deliberación, decidiu conceder o galardón, por unanimidade, ao volume presentado baixo o título Coma o ruído que fan as portas das igrexas ao pecharse que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de: PABLO BOUZA SUÁREZ

No poemario gañador o xurado composto por Ánxela Gracián (como vogal), Miguel Anxo Fernán Vello (en calidade de presidente), Armando Requeixo (vogal) e Marisol Morandeira (secretaria, con voz e sen voto) estimou a diáfana construción poemática dun conxunto que se eleva desde a transparencia da voz, a forza das imaxes e a sonoridade da arquitectura dos períodos e das estrofas. Tamén si, salientou a habelencia á hora de incorporar ao discurso propio referentes da mellor tradición universal, desde Valente ata Carver pasando por Wilde ou Schopenhauer.

O xurado quixo salientar, así mesmo, a calidade dos traballos presentados a concurso, que evidencian o estado de magnífica saúde da nosa poesía e a simpatía coa que, desde as primeiras convocatorias, está a ser acollido o premio que leva o nome do máis célebre poeta de Guitiriz e un dos seus mellores embaixadores.

O gañador recibirá como dotación económica un premio de 2.000 euros e verá publicado o seu poemario pola Editorial Espiral Maior.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies