Noticias y alertas

O Concello propiciará unha reunión con ADIF e a veciñanza de Parga para estudar as alternativas á supresión dos pasos a nivel

20/04/2021

O Concello de Guitiriz propiciará unha reunión a tres bandas entre os técnicos de ADIF, a veciñanza de Parga e o goberno local para estudar as alternativas que propón a institución ferroviaria á supresión dos pasos a nivel na localidade guitiricense, un proxecto contemplado nas obras que o Ministerio de Transportes ten previstas para o Corredor Atlántico e que a veciñanza rexeita de cheo.

O Concello de Guitiriz recibiu nos últimos días a resposta positiva de ADIF sobre a posibilidade de crear un paso elevado para o tráfico rodado ante o rexeitamento dos veciños e veciñas de Parga ao paso subterráneo que se propuxera anteriormente.

A alcaldesa, Marisol Morandeira, reuniuse onte cos representantes da plataforma ‘Parga non se divide’ para expoñerlles esta nova opción e coñecer se contemplan algunha outra diferente á da variante. Desde a agrupación veciñal comunicaron que están abertos a outras alternativas e amosáronse dispostos a manter a reunión con ADIF para coñecer a súa postura.

A rexedora destaca que “é importante sentarnos todos para chegar a un punto de entendemento xa que agora mesmo a situación está enquistada e os veciños e veciñas de Parga necesitan unha solución viable”.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies