Noticias y alertas

O CONCELLO DE GUITIRIZ ACOLLERÁ VARIOS SEMINARIOS DE CAMIÑOS DE COÑECEMENTO E EXPERIENCIA

13/05/2021

O Concello de Guitiriz acollerá varios seminarios de Camiños de Coñecemento e Experiencia. Este é un programa formativo de organizado desde a Universidade de Santiago e, en concreto, dende a Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Servizos e o Programa Universitario de Maiores dirixido a persoas de máis de 50 anos de idade. Todas as actividades se desenvolverán entre as 16.30 e as 18.30 horas e as persoas interesadas poderán apuntarse na Casa Habanera.

Os seminarios que se impartirán en Guitiriz son:

DAS MOURAS ÁS MÁMOAS, DAS MÁMOAS ÁS PEDRAS SACRAS, DAS PEDRAS SACRAS A TROQUES DOURO... DO INMATERIAL AO MATERIAL DO PATRIMONIO CULTURAL DE GUITIRIZ. 28 de maio.

Unidas irremediabelmente á auga e a terra feiticeira que sucou ao seu paso, Guitiriz, e o seu patrimonio cultural afúndese no principio dos tempos e no relato mítico da historia. Creadas para concretar a riqueza do medio natural as lendas, e o máxico mundo dos mouros e mouras, remóntanos a tempos pretéritos nos que as covas, as grandes pedras e as mámoas eran feitos consubstanciais da nosa vida. E tanto en Guitiriz as pedras sacras e as lendas abranguen tamén ao mundo dos castros e aos seus míticos tesouros “d’ouro”, que marcan de novo a paisaxe feiticeira e sobre os que se alzaron, para sacralizar unha terra que de per se xa o era, as novas construcións cristiás que rematan por se converter en fitos na memoria colectiva. Fitos míticos e reais que se mesturan ao carón da historia e do patrimonio cultural de Guitiriz. Esta formación pretende introducir na comprensión da creatividade artística, aproximar a función, o entorno cultural e evolución do “feito artístico”, incardinando o microcosmos de Guitiriz no contexto social e achegar unha visión panorámica do patrimonio cultural de Guitiriz.

ESPECIES INVASORAS. 31 de maio.

No que se tentará explicar, e concienciar, da importancia da biodiversidade e dos problemas que supoñen as especies invasoras na nosa vida cotiá así como da súa conservación. Intentaremos saber que estamos a facer a diario pola biodiversidade e pola súa conservación e se somos conscientes de que o noso medio natural é un préstamo. Impartiranse contidos para coñecer as diversas especies invasoras, a importancia da conservación e para concienciar sobre as implicacións que teñen estas especies invasoras

SIMBOLOXÍA DAS CORES. 7 de xuño.

O ser humano utiliza as cores relacionadas relacionándoas cun significado. Este seminario e para mostrar a relación que teñen as cores cos sentimentos e comprender o porqué dese significado, para descubrir a relación entre sentimento e cor, coñecer o significado das mesmas e valorar as que configuran o noso entorno.

Ademais, o 2 de xuño fase unha visita a Pena de Xiboi, o día seguinte realizarase unha saída pola Ruta da Auga e para finalizar este ciclo formativo, o 8 de xuño organizarase un percorrido polos arredores de Guitiriz.

As persoas interesadas poderán apuntarse no Concello ou no teléfono 982 370 109.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies