Noticias y alertas

Cambio de ubicación pola previsión meteorolóxica da reunión veciñal en Parga para consensuar a solicitude a ADIF

16/06/2021

Debido á previsión meteorolóxica adversa, a reunión veciñal terá lugar definitivamente no pavillón do CEIP Santo Estevo de Parga para consensuar a solicitude a ADIF de non executar o proxecto de supresión dos pasos a nivel.

Por iso, o Concello de Guitiriz convocou á veciñanza da parroquia de Parga hoxe, mércores 16 de xuño, ás 19:00 horas no CEIP Santo Esteveo de Parga a unha reunión co obxectivo de, entre todos, consensuar a solicitude a enviar a ADIF para quenon execute o proxecto de supresión dos pasos a nivel na localidade.

Tras acadar o compromiso de ADIF de non levar a cabo a actuación se non se conta coa aprobación veciñal, no encontro exporanse os detalles desta proposta e, se os veciños e veciñas están de acordo, recolleranse as súas firmas para incorporar ao escrito que se enviará a ADIF.

Mércores 16 de xuño – 19:00 horas.

Localización: Pavillón do CEIP Santo Estevo de Parga

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies