Noticias y alertas

Guitiriz lanza a súa campaña de promoción do comercio para Nadal na que se repartirán 2.20 euros entre todos os establecementos

03/12/2021

O Concello de Guitiriz, en colaboración cos comerciantes e empresarios do municipio, xa ten en marcha a súa campaña de promoción do comercio local para este Nadal, denominada ‘Mercar no Concello de Guitiriz ten premio’ na que se repartirán 2.200 euros entre todos os establecementos participantes.

Son un total de 44 os comercios do municipio que se sumaron a esta iniciativa, que se levará a cabo ata o 5 de xaneiro. Ao igual que o ano pasado, cada establecemento participante, que repartirá rifas desde o número ‘000’ ata o ‘999’, entregará aos seus clientes un premio de 50 euros que deberá consumirse nese mesmo negocio. Os gañadores serán aqueles que a súa papeleta coincida cos tres últimos números do 1º premio da lotería do neno, que se celebrará o venres 6 de xaneiro de 2022.

Os establecementos participantes son: Anitta Chic, Mosquito, Librería Castaño, Expendiduría Guitiriz, Peluquería Borea. Foto Suso, Droguería Cheno, Sanjurjo Moda, Restaurante La Casilla, Supermercado Día, Supermercado Froíz, Supermercado Gadis, Mercería Entrefíos, Feixe, Sara Sangiao Estilistas, Peluquería Angeles Costa, Sonycar, Guitisport, Panadería Gómez, Panadería La Esquina, Ferretería Amador, Ialar, A Badorna, NR Saúde, Foto Kantero, Florístería Teixido, Videotel, Peluquería Zalois, Lanas El punto, Salón Amanda Vázquez, Peluquería Silvia Pardo, Frutería La Maja, Carnicería Vitorio, Carnicería Juan López, Peluquería Roberto Amor, Pastelería Nimbos, Casa Pepe, Bar O Korreo, Casa Gaibor, Bazar Fei Xian, Joyería Roibás, Café Centro, Casa Nistal, Coluga.

Descarga as bases aquí.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies