Noticias e alertas

O Concello abrirá mañá luns as reservas para a nova pista de pádel da antiga nave do SENPA

26/12/2021


As persoas interesadas deberán pedir hora no teléfono 982 370 109 en horario de mañá.
Aínda no se pode facer uso da zona de vestiarios e aseos ao estar pendente a execución da acometida aos servizos municipais.
Marisol Morandeira explica que “quixemos adiantar a apertura da pista respondendo ás demanda da veciñanza, que así poderán utilizala durante as vacacións de Nadal”.



O Concello de Guitiriz decidiu abrir mañá, luns 27 de decembro, o proceso de reservas para facer uso da nova pista de pádel localizada na antiga nave do SENPA. Para iso, os interesados ou interesadas deben chamar o teléfono 982 370 109 en horario de mañá.

A pista está delimitada por un peche acristalado e habilitouse unha zona de vestiarios e aseos, que aínda non está aberta xa que está pendente a execución da acometida aos servizos municipais, que se levará a cabo nas próximas datas.

O forxado dos vestiarios leva unha segunda altura, que permitirá acoller nun futuro outros equipamentos deportivos como un ximnasio ou unha grada portátil. Marisol Morandeira explica que “quixemos adiantar a apertura da pista de padel respondendo así ás demandas da veciñanza, que poderán utilizala durante as vacacións de Nadal e non terán que desprazarse a outros municipios para desfrutar deste deporte” e destaca “a boa nova que é para Guitiriz poder contar cunha infraestrutura como esta”.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies