Noticias y alertas

Pepe de Pígara explica no obradoiro ‘Dálles unha nova vida’ as nocións básicas para aprender a restaurar

14/01/2022


A sesión tivo lugar na Casa Habanera e ata alí achegáronse varios veciños e veciñas para coñecer os segredos deste artesán.
Coñeceron, entre outras cousas, como restaurar un reloxo despertador, unha motocicleta ou un muíño de café.



O bo facer de Pepe de Pígara é coñecido por todos e todas, dentro e fóra de Guitiriz. O pasado mércores, 12 de xaneiro, quixo trasladar o seu saber no obradoiro ‘Dálles unha nova vida’ organizado polo Concello na Casa Habanera co obxectivo de aprender as nocións básicas para restaurar.


Na sesión, á que se achegaron varios veciños e veciñas, Pepe de Pígara explicou, entre outras cousas, como restaurar un reloxo despertador de latón e ferro, unha motocicleta MV, un muíño de café, unha máquina de
coser ou unha copa, entre outros elementos.


O obxectivo da charla era conseguir que a persoa participante fose capaz de realizar unha valoración inicial do estado da peza, decidise cal sería a intervención máis adecuada e a levase a cabo da mellor maneira posible, atendendo ás diferentes técnicas existentes.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies