Noticias y alertas

Concertos, obradoiros e exposicións para aderezar este sábado o regreso da Festa da Torta de Millo

23/05/2022

Este sábado, 28 de maio, regresa ao Campo da Feira de Guitiriz a Festa da Torta de Millo, organizada polo Concello en colaboración coa Deputación de Lugo, tras dous anos de parón motivado pola pandemia e faino cunha programación na que destacan a música, os obradoiros e as exposicións.

Hoxe a Casa Habanera acolleu a presentación desta quinta edición do evento, na que participaron a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, o deputado de Participación Cidadá da Deputación de Lugo, Roberto García Pernas, e a concelleira de Turismo, Pilar Vázquez.

Marisol Morandeira explicou que “Guitiriz é coñecido fóra das nosas fronteiras polas nosas augas e tamén pola Torta de Millo polo que quixemos poñer en valor este produto a través da música e da artesanía, así como tamén ao sector primario, predominante no noso concello, cos obradoiros de queixo”.

Ademais, a rexedora animou “tanto aos veciños e veciñas de Guitiriz, como dos municipios e provincias limítrofes” a que “se acheguen este sábado a desfrutar da xornada para a que, se nada cambia, prevese que fará bo tempo”.

Pola súa parte, Roberto García coincidiu en salientar a fama da Torta de Millo lembrando que “de pequeno a min xa ma regalaban, é algo que nos acompaña desde hai moitos anos” e destacou que “é unha festa que sirve para atraer turismo, para que se reúnan as familias e os amigos, que dinamiza o rural e aposta pola economía da comarca da Terra Chá coas actividades gastronómicas”.

Concerto de SES como colofón



A quinta edición da Festa da Torta de Millo arrincará ás 11 horas, coa apertura do recinto da festa e da mostra de artesanía. Xa ás 11:10 horas haberá a primeira exposición sobre a produción e elaboración do millo e desde ás 11:30 horas o grupo de gaitas municipal amenizará a mañá, deixando paso ás 12:15 horas á musiac dos alumnos e alumnas da UNED Senior.

A partir das 11:30 horas, ata as 14:30 horas, poderase degustar e comprar a Torta de Millo e, ás 12 horas, comezará a primeira quenda de obradoiros: de queixo, destinado a público infantil, e de produtos feitos a man, para público en xeral.

Ás 13:30 horas será o grupo Xacarandaina o que se encargue de poñerlle a nota musical ao xantar. Pola tarde, ás 16:30 horas, está prevista a segunda quenda dos obradoiros de queixo e de produtos feitos a man e, de 17 a 19 horas, tamén se poderá degustar e mercar a Torta de Millo. Xa ás 18 horas a Banda de Música Municipal de Guitiriz ofrecerá un concerto no Campo de Feira, previo a un interesante obradoiro de queixo aberto para todos os públicos que terá lugar ás 18:45 horas. Para os tres obradoiros de queixo é necesario anotarse previamente no teléfono 625 718 801, as 50 primeiras prazas serán gratis para os empadroados en Guitiriz.

Como colofón á Festa da Torta de Millo ás 22:30 horas no Campo da Feira haberá un concerto da recoñecida artista galega SES. Ademais, durante toda a xornada celebrarase un torneo de fútbol de categorías inferiores no campo municipal Suso Cruz.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies