Noticias y alertas

A piscina municipal de Guitiriz estará aberta desde o luns 27 de xuño ata o domingo 4 de setembro

21/06/2022


Durante os meses de xullo e agosto o uso desta instalación para o público en xeral combinarase cos cursos de natación.




O Concello de Guitiriz abrirá a piscina municipal o próximo luns, 27 de xuño, ás 15 horas. Esta instalación permanecerá aberta ata o domingo 4 de setembro, con peche previsto ás 20 horas.

Durante os meses de xullo e agosto o uso da piscina municipal por parte do público en xeral combinarase cos cursos de natación dirixidos a rapaces e rapazas de 4 a 12 anos que se celebrarán de martes a venres de 11:30 a 13 horas. Por iso, o horario de apertura para o público no mes de xuño será de 15 a 21 horas, en xullo e agosto de 14 a 21 horas e en setembro de 15 a 20 horas.

Podedes consultar as tarifas das instalacións aquí:




Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies