Noticias e alertas

Pleno da corporación con data 28 de xullo de 2022

28/07/2022

O Concello de Guitiriz celebrou esta tarde unha sesión ordinaria do Pleno da corporación con data 28 de xullo de 2022, na que se debateron os seguintes puntos co seguinte resultado:


Aprobación da acta da sesión anterior, coa unanimidade de todos os grupos políticos.
Disposicións normativas (aprobación, modificación ou derogación). Neste punto debateuse sobre a aprobación provisional dunha nova Ordenanza Reguladora de Tráfico do Concello de Guitiriz, cos votos favorables do grupo de goberno e o BNG, e a abstención do Partido Popular.
Inventario ou catálogo de bens. No que concerne a esta proposta, tivo lugar o diálogo sobre a resolución do procedemento de investigación da titularidade da parcela 18 do Polígono 370 no lugar de Pacelo-Pedrafita no Concello de Guitiriz, cos voto unánime de todos os concelleiros e concelleiras.
Inventario ou catálogo de bens, sobre a modificación do inventario de bens municipais de camiños no lugar de Belote - parroquia de Lagostelle. Este punto obtivo os votos favorables de toda a corporación.
Modificación de crédito. Debateuse, primeiramente, a aprobación inicial da anulación parcial da modificación de crédito por crédito extraordinario 1/2022 polo importe de 62.283,39 euros. En segundo lugar, a aprobación inicial da modificación do orzamento municipal consistente en Crédito Extraordinario e suplemento de crédito 2/2022 polo importe total de 97.283,39€, financiado con Remanente de Tesourería para gastos xerais derivado da anterior anulación e con maiores ingresos sobre os totais previsto no orzamento xeral para o ano 2022. Obtivo os votos favorables do grupo de goberno, os votos en contra do Partido Popular e a abstención do BNG.
O Partido Popular presentou unha moción para "que o Concello de Guitiriz asuma responsabilidades e tomar parte activa nas festas parroquiais". Non saiu adiante cos votos favorables do grupo popular, en contra do grupo de goberno e a abstención do Bloque Nacionalista Galego.
Tratouse de urxencia o punto para dar conta no Pleno da Conta Xeral para a súa aprobación. Contou cos votos favorables do grupo de goberno, en contra do Bloque Nacionalista Galego e as abstencións dos concelleiros e concelleira do Partido Popular
Rogos e preguntas.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies