Noticias e alertas

Man Castro presentará en Guitiriz o seu libro ‘Ángeles Alvariño. Mi estela en los océanos’

24/11/2022

O Concello de Guitiriz acollerá o próximo martes, 29 de novembro, ás 19 horas na Casa Habanera a presentación do libro ‘Ángeles Alvariño. Mi estela en los océanos’, de Man Castro.


Desde a Biblioteca Pública Municipal celebran o mes da ‘Ciencia en galego nas bibliotecas’ coa presentación desta obra na que o xornalista Man Castro recupera e divulga os méritos da oceanógrafa Ángeles Alvariño. Nas súas páxinas o lector descubrirá unha valiosa documentación na cal se poderá achegar á figura humana e descubrir o  talento profesional da investigadora, natural de Serantes, Ferrol.


No acto intervirán, ademais do autor, a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e Antón de Guizán, de Nova Poesía Guitirica. A entrada é de balde.


O artigo Man Castro presentará en Guitiriz o seu libro ‘Ángeles Alvariño. Mi estela en los océanos’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies