Noticias e alertas

O Concello instala no Campo da Feira dous puntos de carga de vehículos eléctricos

30/11/2022

O Concello de Guitiriz ven de instalar no Campo da Feira dous puntos de carga de vehículos eléctricos, co obxectivo de fomentar e facilitar a mobilidade sostible entre os veciños e veciñas do municipio.


Calquera persoa pode facer uso destes puntos de carga a través da aplicación móbil “ACCIONA recarga VE” na que se fai a reserva de hora. Hai un tempo límite de uso e unha vez acabada a carga é obrigatorio retirar o vehículo, podendo recibir unha multa no caso de non facelo.


O prezo estipulado é de 0,25€ por Kw/h. e fíxase en base ao prezo unitario da enerxía eléctrica. Para o pago deben seguirse as instrucións da pasarela habilitada.


A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explica que “se queremos fomentar unha mobilidade sostible é necesario que a xente teña á súa disposición medios para facer ese cambio” e adianta que “vamos analizar como funcionan estes dous puntos de carga para propoñer a súa instalación noutros lugares do municipio”.


O artigo O Concello instala no Campo da Feira dous puntos de carga de vehículos eléctricos publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies