Noticias y alertas

Publicadas as datas para a V Edición do BTTeando por Guitiriz

02/12/2022

A iniciativa integra unha serie de rutas en bici que comezarán o vindeiro domingo, 11 de decembro.


Realizarase un percorrido ao mes ata o día 14 de maio de 2023. En todas se disporá dun itinerario alternativo para os nenos e nenas a partir dos sete anos que queiran participar, os cales deberán ir acompañados por unha persoa adulta.


É obrigatorio o uso de casco e levar unha peza de froita (aconsellable plátano) e auga. Pode haber algún cambio nas datas debido ao mal tempo ou algunha outra causa xustificada, casos nos que se avisaría coa maior antelación posible.


Todas as persoas interesadas poden inscribirse no concello ou a través do Club Btteiros Cova da Serpe ata o venres antes de cada ruta.


O artigo Publicadas as datas para a V Edición do BTTeando por Guitiriz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies