Noticias y alertas

A ruta do Muíño da Ruxida, segunda saída do programa de sendeirismo ‘Guitiriz en Ruta’

25/01/2023

Este domingo, 29 de xaneiro, terá lugar a segunda saída do programa municipal de sendeirismo ‘Guitiriz en Ruta’, que nesta ocasión é a do Muíño da Ruxida, con saída ás 10 horas das instalacións do CIT de Parga. 


As inscricións realizaranse de xeito presencial na casa do concello ou por teléfono no 982 370 109 ata as 14 horas deste venres, 27 de xaneiro. Recoméndase aos asistentes que leven calzado impermeable, xa que hai moita auga no terreo, e roupa de abrigo, debido ás previsións de baixas temperaturas.


O programa ‘Guitiriz en Ruta’ consta de seis andainas e rematará o 14 de maio de 2023. Inclúe unha ruta por mes das que catro son polo municipio, que son gratuítas, e as outras dúas noutros concellos, que teñen un custe de 5 euros.


Todas as saídas están abertas ao público en xeral que teña unhas condicións físicas mínimas para poder camiñar varios quilómetros. Completan a programación: a ruta do río Trimaz en Xermade (domingo 26 de febreiro), a ruta do río Requeixo (domingo 26 de marzo), a ruta do Miño en Ombreiro-Lugo (domingo 30 de abril), e a ruta da Cova da Serpe (domingo 14 de maio).





O artigo A ruta do Muíño da Ruxida, segunda saída do programa de sendeirismo ‘Guitiriz en Ruta’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies