Noticias y alertas

O Concello amplía as idades do seu programa de conciliación familiar para as vacacións de verán

26/05/2023

O Concello de Guitiriz ampliou as idades do seu programa de conciliación familiar para as vacacións de verán, que ten o obxectivo de axudar a conxugar a vida laboral e familiar facendo especial fincapé naquelas familias que estean nunha situación de maior vulnerabilidade.


Esta actividade, que terá como punto de encontro o CEIP Lagostelle principalmente, está dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2019, é dicir, toda a educación infantil e primaria. Desenvolverase en catro quendas: a primeira do 1 ao 15 de xullo, a segunda do 16 ao 31 de xullo, a terceira do 1 ao 15 de agosto e a cuarta do 16 ao 31 de agosto.


Establecéronse dous horarios diferentes, o ordinario será de 10 a 14 horas e está dirixido só a nenos e nenas nados entre o 2011 e o 2019, e un extraordinario, que será a partir das 8:30 horas para todas aquelas familias que precisen unha xornada máis ampla.


O prazo para anotarse remata o 20 de xuño e poderá formalizarse a inscrición de xeito telemático, a través da sede electrónica, ou presencial na casa do concello. Darase prioridade a aquelas familias nas que os proxenitores estean a traballar e tamén ás familias empadroadas en Guitiriz, ou en situación de especial vulnerabilidade.


No caso de haber máis solicitudes que prazas a lista de admitidos publicarase o 23 de xuño e informarase da data e hora dunha reunión previa coas familias.


Para que a solicitude quede debidamente tramitada deberase aboar, xunto coa documentación, o 50% da contía a pagar na conta ES20 2080 0122 4631 1000 0022. O prezo xeral por cada quenda é de 30 euros e o incremento para acudir en horario extraordinario será de 15 euros por quenda, podendo anotarse a todas as que se precisen. Ademais, haberá bonificacións por razóns sociais ou benéficas para familias con ingresos inferiores ao 50% do IPREM ou cando se careza de ingresos.


SOLICITUDE CONCILIA VACACIÓNS


DIPTICO 2023


O artigo O Concello amplía as idades do seu programa de conciliación familiar para as vacacións de verán publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies