Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz manifestou o seu interés en colaborar coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) para formar un grupo de traballo con mulleres con discapacidade do concello de Guitiriz e zonas limítrofes

17/01/2020

O goberno local de Guitiriz manfifestou interese por colaborar con esta iniciativa como xa se fixo anteriormente noutros proxectos que levou a cabo a Asociación de Mulleres con Discapacidade (ACADAR), entidade que forma parte de COGAMI.

O Concello de Guitiriz manifestou o seu interés en colaborar coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) para formar un grupo de traballo con mulleres con discapacidade do concello de Guitiriz e zonas limítrofes, co fin de poder levar a cabo obradoiros de autocoidado e empoderamento. A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e a concelleira de Benestar Social, Laura Ageitos, reuníronse coa traballadora social de COGAMI, Carla Fernández, que adiantou a posta en marcha destes obradoiros e a posible colaboración do concello na cesión dun espazo municipal onde poder levalos a cabo e na convocatoria das participantes.

O goberno local de Guitiriz manfifestou interese por colaborar con esta iniciativa como xa se fixo anteriormente noutros proxectos que levou a cabo a Asociación de Mulleres con Discapacidade (ACADAR), entidade que forma parte de COGAMI. A través destes obradoiros de autocoidado e empoderamento dirixidos a mulleres con discapacidade, o que se pretende é fomentar e reforzar o autocoñecemento, a autoestima, as habilidades sociais e comunicativas,
igualdade e a autonomía persoal.

Estas accións siguen as liñas actuais enmarcadas dentro da axenda 2030, na que participa o Concello de Guitiriz, e a través do seu Obxectivo de Desenrolo Sostible (ODS 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a tódalas mulleres e as nenas).

Fuente: Concello de Guitiriz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies