Noticias y alertas

Decreto de medidas urxentes do Concello de Guitiriz pola crisis sanitaria do coronavirus

16/03/2020

Hoxe, luns 16 de marzo, a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e todos os concelleiros e concelleiras que forman o goberno local reuníronse para deseñar un decreto de medidas urxentes pola crisis sanitaria do coronavirus COVID-19 tras a declaración do estado de alarma.

As medidas adoptadas, que estarán vixentes ata novo aviso, son as seguintes.

En relación cos cidadáns e empresas:

  • Mantense a suspensión temporal de todas as actividades culturais, deportivas e sociais e o resto de actos e espectáculos públicos e festexos populares en recintos abertos e pechados que congreguen a persoas. Ademais péchanse os parques, prazas e o resto de espazos abertos de uso público do municipio.
  • Comunicarase aos contratistas municipais de servicios afectados polas citadas prohibicións que por motivos de forza maior alleos a este Concello non poderán seguir prestando os seus servizos.
  • Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación de todos os procedementos administrativos.

En relación cos servizos municipais, empregados públicos e membros de da Corporación:

  • Créase unha Comisión Municipal de seguimento da evolución do COVID-19 que estará formada pola Alcaldesa e os/as Tenentes de alcalde, e que contará co asesoramento do secretario, o interventor e o policía local municipais.
  • Queda suspendida a atención ao público no rexistro xeral e en cada un dos departamentos municipais. A comunicación co Concello debe realizarse de forma telemática a través da sede electrónica municipal ou vía telefónica a través dos teléfonos de: Casa do Concello, Policía Local ou Servizos Sociais.
  • En cada departamento que desempeñe funcións administrativas a través do programa Gestiona e outras plataformas telemáticas o traballo realizarase desde os domicilios mediante teletraballo.
  • Os servizos administrativos municipais funcionarán con porta pechada de 9 a 14 horas, dun modo moi reducido, equivalente a uns servizos mínimos.
  • A Policía Local continuará coa prestación dos respectivos servizos de xeito ordinario.
  • Os servizos básicos de abastecemento auga e alcantarillado, limpeza e recollida de lixo, e servizos sociais (en particular o servizo de axuda no fogar) seguirán funcionando cos máximos efectivos posibles e quedarán suxeitos no desenvolvemento do seu traballo aos protocolos establecidos pola comisión de seguimento.
  • Quedan suspendidas as sesións periódicas ou ordinarias dos órganos colexiados municipais.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies