Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz reactiva a V edición do premio Xosé María Díaz Castro de poesía

20/10/2020

O Concello de Guitiriz reactiva a V edición do premio Xosé María Díaz Castro de poesía, que fora adiado no mes de abril por mor do Estado de Alarma. O novo prazo para presentar os orixinais, será desde o 2 de novembro ata o 12 do mesmo mes.

Os poemas que se envíen deberán estar escritos en lingua galega e poderán ser de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos. Non poderán concorrer ao certame os gañadores e gañadoras de anteriores edicións.

A obra gañadora terá un premio en metálico de 2.000 euros e ademais será publicada por Edicións Espiral Maior. O veredicto do xurado, que estará formado por tres persoas vinculadas á poesía e/ou á crítica literaria galegas, darase a coñecer directamente ao gañador/a a través dos medios de comunicación, nun acto público despois do 19 de xaneiro 2021.

A alcaldesa, Marisol Morandeira, destacou que “nun ano tan complicado coma este, Guitiriz seguirá apostando pola cultura. A través deste certame o goberno local continúa honrando a memoria do ilustre poeta, á vez que pretende contribuír á promoción da poesía galega”.

Consulta e descarga as bases do premio aquí.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies