Noticias y alertas

O CONCELLO ADXUDICA POR 82.000 EUROS A RENOVACIÓN DOS CAMIÑOS QUE DAN ACCESO A MARGÁ E CECE

19/07/2021

O Concello ven de adxudicar por 82.909,2 euros o proxecto para a renovación dos camiños que dan acceso aos núcleos de Margá e Cece.

Esta actuación está cofinanciada a través da subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para a renovación de vías que dan acceso a parcelas agrícolas.

Os traballos a levar a cabo implicarán a limpeza de cunetas e a extensión dunha capa de aglomerado asfáltico nun total de 2.570 metros de firme. O prazo de execución dos traballos desde o seu inicio será de dous meses.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies