Noticias y alertas

A Aula CeMIT de Guitiriz súmase á actividade “CAMIÑA EN DIXITAL” polo día de Internet

05/05/2022

A Aula CeMIT de Guitiriz celebra o vindeiro día de internet, 17 de maio, participando na actividade ‘Camiña en Dixital’ que está dedicada ás tecnoloxías dixitais para as persoas maiores e o envellecemento saudable.

Por este motivo, proponse esta actividade lúdico-formativa na que os centros de competencias dixitais de toda España e as persoas maiores poidan realizar conxuntamente formación no uso de tecnoloxía e compitan por ser o centro máis saudable, o que suba a imaxe que máis guste, ou o primeiro en saír dun Escape Room virtual.

As persoas participantes aprenderán a manexar, entre outras ferramentas, aplicacións que miden pasos e distancias para sumar quilómetros, así como tentar completar o Camiño de Santiago.

Estes quilómetros percorridos desde os seus lugares de orixe e roteiros sumaranse aos que fagan as outras persoas que se apunten ao reto no seu Centro de competencias dixitais e trasladaranse a un camiño virtual, que poderán seguir vía web.

A actividade ‘Camiña en Dixital’ contará coas seguintes categorías de premios:


Sorteo entre todos os participantes do Reto
Vídeo con máis “Me gusta”
Fotografía con máis “Me gusta”
Persoa que percorra máis quilómetros
Centro que conxuntamente percorra máis quilómetros
Centro que faga de media máis km./persoa


As persoas interesadas poderán anotarse e obter toda a información na aula CeMIT de Guitiriz, no teléfono 982 370. 062 ou ben no correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal

Acceso ao programa completo:

https://somos-digital.org/wp-content/uploads/2022/04/Programa-completo_Dia_de_Internet_2022.pdf

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies