Noticias e alertas

Aberto o prazo de matrícula para o curso 2022-2023 na Escola de Música Municipal de Guitiriz

12/09/2022

O Concello de Guitiriz abriu hoxe, luns 12 de setembro, o prazo de matrícula para este curso 2022-2023 na súa Escola de Música Municipal, que estará aberto ata o próximo 23 de setembro.


Para este curso a Escola de Música oferta: Iniciación, Instrumento e Linguaxe musical (a partir dos 8 anos), Banda, Agrupación Moderna e Agrupación Tradicional. A modalidade de Iniciación é gratuíta ata os sete anos.


A matrícula pode formalizarse de xeito presencial no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal. O importe para os empadroados en Guitiriz é de 30 euros e para os non empadroados de 40 euros.


Para máis información ou ante calquera dúbida co pago ou o formulario pódese acudir ao Concello solicitando cita previa no 982 370 109 ou chamar á Escola de Música no 698 107 179.


RECIBO MATRÍCULA ESCOLA DE MÚSICA 2022-23


SOLICITUDE MATRÍCULA ESCOLA DE MÚSICA 2022-23


O artigo Aberto o prazo de matrícula para o curso 2022-2023 na Escola de Música Municipal de Guitiriz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies