Noticias y alertas

Matrícula nos cursos gratuítos de informática da Aula CeMIT de Guitiriz

15/09/2022

A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz abrirá mañá, venres 16 de setembro, o prazo de matrícula para os cursos de informática. As prazas son limitadas e admitiranse por rigoroso orde de solicitude, que pode facerse na Escola Habanera en horario de 10 a 12 horas ata o 30 de setembro.


Estes cursos, que son gratuítos, están dirixidos a todos os públicos, con grupos para a rapazada de 9 a 12 anos, que serán os mércores de 16:30 a 18:30 horas e tamén para adultos, con quenda de mañá, de 10 a 12 horas, e de tarde, de 16:30 a 18:30 horas.


Para máis información ou ante calquera dúbida pode chamarase aos teléfonos 982 370 062 e 606 325 597 ou a través do correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal.


O artigo Matrícula nos cursos gratuítos de informática da Aula CeMIT de Guitiriz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies