Noticias y alertas

Medidas para frear a expansión do COVID-19

12/03/2020

Debido á preocupante situación xerada pola expansión do Coronavirus, o Concello de Guitiriz decidiu adoptar as seguintes medidas preventivas:

Debido á preocupante situación xerada pola expansión do Coronavirus, o Concello de Guitiriz decidiu adoptar as seguintes medidas preventivas:

  • A suspensión de todas as actividades das escolas deportivas e de música municipais.
  • O peche de todas as instalacións municipais: PAI, Centro de Día, pavillón, Casa Habanera, Telecentro, etc.
  • Suspensión de todas as actividades que se fosen a organizar nas dependencias municipais, tanto por parte do Concello como por outro tipo de entidade ou asociación.
  • A atención ao público no Concello deberá restrinxirse a casos de extrema necesidade e solicitando cita previa no teléfono 982 370 109. A sede electrónica (https://guitiriz.sedelectronica.gal/info.0) estará activa como sempre 24 horas.
  • Aprázanse todos os eventos previstos para próximas datas como a Carreira Popular de Guitiriz, o I Slalom de Guitiriz, a final da Copa Terra Chá de fútbol sala, e o campionato provincial de ximnasia rítmica.

A obligatoriedade da adopción destas medidas estará vixente desde o luns, 16 de marzo, ata como mínimo 30 de marzo, momento no que se avaliará a evolución da enfermidade. De todos modos desde o Concello de Guitiriz recoméndase que xa a partir de mañá, venres 13 de marzo, se comecen a aplicar estas medidas de prevención.

Rogamos aos veciños e veciñas de Guitiriz a máxima colaboración.

Fuente: Concello de Guitiriz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies