Noticias y alertas

Convenio coa Deputación para crear unha senda peonil na rúa Manuel María

11/11/2022

Marisol Morandeira e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinaron este venres un convenio de colaboración a través do que a institución provincial aporta ao Concello 130.000 euros para mellorar a seguridade e a accesibilidade da rúa Manuel María coa creación dunha senda peonil.


Esta vía conecta o centro da vila con servizos básicos como o Centro de Saúde e o instituto. A achega da Deputación representa máis do 98% do investimento necesario para sacar adiante esta actuación, á que o Concello dedica 2.000€, polo que o importe total ascende a 132.000€.


O acto de sinatura do convenio celebrouse na propia rúa Manuel María, coa presenza do Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, concelleiros e concelleiras da Corporación municipal e tamén veciños e veciñas do municipio.


Marisol Morandeira agradeceu a “axilidade en tramitar este convenio” despois de que se aprobase a pasada semana en Xunta de Goberno provincial” e salientou que “trátase dunha actuación moi ncesaria para mellorar a seguridade viaria nesta rúa”.


José Tomé subliñou que se trata “dunha actuación realmente importante” porque esta rúa non conta a día de hoxe cun espazo específico para o paso dos viandantes, e ten moito tránsito, xa que dá servizo a vivendas e comunica co ambulatorio e o instituto. Polo tanto, o paseo peonil “redundará na mellora da seguridade e da comodidade dos veciños e veciñas”.


O artigo Convenio coa Deputación para crear unha senda peonil na rúa Manuel María publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies