Noticias y alertas

Semana da Música do 21 ao 26 de novembro con concertos, pasacalles e obradoiros

14/11/2022

O Concello de Guitiriz deseñou unha completa programación de concertos, pasacalles e obradoiros para conmemorar, do luns 21 de novembro ao sábado 26 de novembro, a Semana da Música.


Destaca nesta programación o concerto que se celebrará o venres 25 de novembro ás 20:30 horas na Casa Habanera na honra a Santa Icía, patroa dos músicos, no que participarán a Banda de Música de Guitiriz, a UNED Sénior, o grupo de gaitas da Escola de Música de Guitiriz e, como invitados, a Prebanda do Concello de Meira.


O luns, 21 de novembro, está previsto que se leve a cabo a presentación da Semana da Música ás 19 horas na Casa Habanera, onde o martes 22 ás 11 horas haberá o primeiro concerto, ofrecido polo alumnado da UNED Sénior A Coruña/Guitiriz.


O mércores 23 será o Campo da Feira o que acolla, ás 12 horas, a actaución do grupo de pandeireteiras ‘Na Casa Zoqueiro’. O xoves 24 a agrupación musical ‘Amigos da Música’ fará un pasacalles polas rúas de Guitiriz.


O venres 25, ademais do concerto na honra a Santa Icía, ás 11:30 horas haberá na Casa Habanera un concerto do alumnado do IES Poeta Díaz Castro.


A programación da Semana da Música rematará o sábado 26 de novembro cun obradoiro de creación dun instrumento musical con refugallos, que terá lugar ás 18 horas na Casa Habanera. Está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 7 anos, que terán que vir acompañados dunha persoa adulta. As prazas son limitadas.



O artigo Semana da Música do 21 ao 26 de novembro con concertos, pasacalles e obradoiros publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies