Noticias y alertas

Manifesto do Concello de Guitiriz polo 8M

08/03/2023

Este 8 de marzo sumámonos á xornada de reivindicación e loita do Día Internacional das Mulleres, manifestando o noso firme compromiso coa igualdade como unha cuestión de calidade democrática . Temos que consolidar os avances en materia de igualdade para ser unha sociedade feminista e xusta.


Hai que loitar pola emancipación das mulleres. Aprobáronse moitas medidas para conseguilo: equiparáronse os permisos de maternidade e paternidade, a pensión media de xubilación para as traballadoras incrementouse e a pensión de viuvez, especialmente feminizada, tamén subiu.

Medidas que impactan nas condicións materiais da vida das mulleres e que, por tanto, abundan na súa capacidade de emancipación e, en último termo na liberdade que gozamos.


Aínda queda moito que avanzar noutros aspectos, como na corresponsabilidade real nos fogares, corresponsabilidade na carga mental que supón encargarse dun fogar e da crianza dos fillos e fillas que segue sendo, na súa maioría, unha carga para a muller.


Temos que seguir loitando contra a violencia sobre as mulleres, é inaceptable que ningunha muller viva con medo, sentíndose ameazada ou torturada. Hai que traballar por unha sociedade onde mulleres e nenas poidan vivir seguras, con dignidade e en liberdade.


A loita feminista ten que continuar, pois somos conscientes de que aínda é longo o camiño que nos queda por percorrer. A sociedade necesita un movemento feminista unido para continuar detendo os retrocesos aos que moitos nos pretenden abocar.


Fronte a quen nega a violencia machista e fronte a quen nos queres facer retroceder en dereitos berremos:


Feminismo, emancipación e liberdade.


Iguais e libres!


Viva a loita das mulleres!


O artigo Manifesto do Concello de Guitiriz polo 8M publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies