Noticias y alertas

Máis de 1.300 euros recadados na XIII Carreira Popular Guitiriz Termal

02/05/2023

A XIII Carreira Popular Guitiriz Termal, celebrada o 15 de abril, recadou máis de 1.300 euros grazas ás aportacións das máis de 200 persoas que participaron na proba e doutras que quixeron facer as súas doazóns a través da ‘Fila 0’.


A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, fixo hoxe entrega deste importe á representante da asociación Mowat Wilson España, Soraya López García, entidade coa que colaborou este ano o Concello.


A asociación Mowat Wilson xurdiu para ofrecer información e acompañamento ás familias que teñen que convivir no día a día con esta enfermidade rara de orixe xenética que pode xerar cardiopatías, problemas xenitourinarios e retrasos no desenvolvemento psicomotriz. Ademais, a asociación permite ser un punto de encontro dixital para todas aquelas institucións, empresas e particulares que queiran axudar ou investir fondos para facilitar as actividades da agrupación.


O artigo Máis de 1.300 euros recadados na XIII Carreira Popular Guitiriz Termal publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies