Galicia, a zona de España con máis zonas de baño de auga excelente de España segundo a UE

02/06/2021

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

Galicia é a zona de España con maior número de zonas de baño cualificadas como excelentes pola Axencia Europea do Medio Ambiente (EEA). Unhas 400 áreas na costa e ríos de Galicia gozan da máxima cualificación, unha cifra que practicamente duplica ás áreas que lle seguen: as concas mediterráneas andaluzas (233 zonas de máxima consideración) e as concas internas de Cataluña (214).

Así figura no informe elaborado pola EEA sobre a calidade das augas de baño en España, onde o 88,5% dos puntos analizados teñen a consideración de excelente, mentres que o 6,8% son boas, o 1,7% presentan un nivel suficiente e só o 0,8%, ten unha calidade pobre.

Un destes puntos coa peor cualificación no estudo sobre a calidade da auga atópase en Galicia. É o río Parga, en Guitiriz , a única zona da xeografía galega sinalada en vermello no mapa da EEA, que cualifica de excelente a maior parte das áreas de baño da costa.

En total, a EEA analizou en España 2.239 augas de baño en 2020, das cales a gran maioría eran áreas costeiras (2.239 casos) e 270 era zonas de baño interiores. No exercicio recolléronse 12.171 mostras para avaliar a calidade das augas de baño españolas.

Oito de cada dez zonas de baño en Europa son excelentes

A nivel europeo, un 82,8% das augas de baño do bloque contan coa máxima cualificación da Axencia Europea de Medio Ambiente, mentres que un 1,3% son consideradas de mala calidade. Chipre, Austria, Grecia, Malta e Croacia son os únicos Estados membros con máis dun 95% das súas zonas de baño excelentes. O estudo da EEA analizou no conxunto da UE un total de 22.276 zonas de baño para o exercicio de 2020.

Nun comunicado, a Comisión Europea destacou que a porcentaxe de augas de baño tanto costeiras como interiores de alta calidade estabilizouse en torno ao 85% nos últimos anos e, aínda que as zonas de baño de mala calidade «diminuíron lixeiramente», aínda «persisten problemas» para «avaliar as fontes de contaminación e implantar medidas integradas de xestión».

O comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virjinijus Sinkevicius, destacou que «a calidade das augas de baño de Europa segue sendo alta» e é «o resultado de máis de 40 anos de existencia da directiva sobre augas de baño» e de «intenso traballo de profesionais especializados e de cooperación».

«A lexislación da UE non só contribuíu a aumentar a calidade xeral, senón que tamén permitiu identificar ámbitos nos que é necesaria unha actuación específica», declarou pola súa banda o director executivo da EEA, Hans Bruyninckx.

LA VOZ DE GALICIA

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies