Noticias y alertas

A volta do programa ‘Guitiriz en Ruta’ reúne a 17 participantes na andaina ‘Camiñando entre provincias’

28/10/2024

A volta do programa ‘Guitiriz en Ruta’ reuniu o pasado domingo, 27 de outubro, a 17 participantes na andaina ‘Camiñando entre provincias’. Constou dun percorrido circular de 13,5 quilómetros polo monte de Santa Mariña entre as provincias de Lugo e A Coruña.


A saída realizouse desde a igrexa de Santa Mariña ás 10:00 horas, mesmo punto onde finalizou a andaina. Os participantes gozaron dun percorrido que atravesou os concellos de Guitiriz, Curtis e Aranga.


Ao inicio da ruta visitaron a igrexa de Santa Mariña e os seus arredores, parando tamén no monólito en homenaxe aos irmáns da Lexía. Ademais, o cura da parroquia, Alfonso Blanco Torrado, recibiu aos sendeiristas e faloulles sobre a parroquia, contando a historia da fosa común que se escavou nese lugar e tamén a historia dos irmáns da Lexía.


A andaina descorreu con total normalidade durante a asollada mañá de domingo, na que os participantes gozaron dunha climatoloxía moi agradable.



O artigo A volta do programa ‘Guitiriz en Ruta’ reúne a 17 participantes na andaina ‘Camiñando entre provincias’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies