07/01/2025
O Concello de Guitiriz abre o prazo de inscrición de ‘Mentes en Calma’ e ‘Aula da Calma para mozos e mozas’, dúas propostas para aprender a xestionar as emocións e buscar a calma que terán lugar na Casa Barxa.
‘Mentes en Calma’ é una actividade aberta para o público en xeral na que se pretende dar ferramentas para poder manexar a ansiedade, a frustración, buscar a calma, mellorar o autoconcepto e a autoestima a través do mindfullness, a creatividade, a meditación ou o autocoñecemento.
Contará con dúas sesións mensuais de unha hora e cuarto os venres ás 17:00 horas do 24 de xaneiro ata o 30 maio. Deberá haber un mínimo de 10 participantes.
Por outra banda, ‘Aula da Calma para mozos e mozas’ é unha actividade pensada para mozos e mozas de 10 a 16 anos de idade na que se pretende dar as ferramentas para manexar a ansiedade, o estrés, a frustración ou a incerteza, buscando a calma e aprendendo a parar vivindo o momento presente.
Contará con dúas sesións ao mes dunha hora de duración centradas en levar a cabo prácticas de ioga, mindfullness e relaxación que serán os martes ás 19:00 horas. A actividade estenderase do 28 de xaneiro ata o 20 de maio. Deberá haber un mínimo de 8 participantes,
As inscricións poderanse realizar a través da sede electrónica ou de xeito presencial no Concello ata completar aforo e terán un prezo de 15 euros para cada actividade.
SOLICITUDE MATRÍCULA MENTES-AULA CALMA
O artigo Aberto o prazo de inscrición para as actividades ‘Mentes en Calma’ e ‘Aula da Calma para mozos e mozas’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies