31/01/2025
O Concello de Guitiriz decidiu aprazar a Ruta do Río Mera en Lugo ata nova data polo mal estado do percorrido e polas previsións climatolóxicas adversas para a xornada deste domingo, 2 de febreiro.
Tras o temporal que azoutou Galicia a pasada semana, os camiños que compoñen esta andaina, na que se ían percorrer 12 quilómetros no Concello de Lugo pola contorna do río Mera e os bosques do Monte Segade, atópanse anegados, polo que son intransitables.
Ademais, e segundo as previsións climatolóxicas, é bastante probable que chova durante a mañá do domingo 2 de febreiro, que é cando estaba previsto que se celebrase esta andaina.
Por estes motivos, decidiuse pospoñer a Ruta do Río Mera ata unha nova data que será anunciada nas próximas semanas.
O artigo Aprazada a Ruta do Río Mera polo mal estado do percorrido e polas previsións climatolóxicas adversas publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies