Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe a Estremadura o próximo mes de marzo

03/02/2025

O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe a Estremadura o próximo mes de marzo. A saída está programada do domingo 9 ao xoves 13 de marzo, cun prezo por persoa de 375 euros.


Esta tarifa inclúe unha habitación dobre e pensión completa nun hotel de tres estrelas en Plasencia, diferentes excursións locais, seguro de viaxe, traslados en autobús e un guía acompañante. Tamén se poderá pagar un suplemento por unha habitación individual por 115 euros.


O prazo para a reserva das prazas abrirase a partir deste xoves, 6 de febreiro, e estenderase ata o luns 17 de febreiro. As persoas interesadas poderanse inscribir de xeito presencial acudindo á Oficina de Turismo do Concello.


Hai prazas limitadas e terán preferencia as persoas empadroados no municipio, aínda que será preciso un mínimo de 40 inscritos para que se leve a cabo a excursión.


A saída para Estremadura está programada para as 6:30 horas do día 9 de marzo desde o Campo da Feira de Guitiriz. Os asistentes poderán visitar Guadalupe e o seu mosteiro, Cáceres, Trujillo, Monfragüe, Valle do Jerte, Plasencia, Garganta la Olla e La Vera.


Pódese solicitar máis información chamando ao Concello no número de teléfono 982 37 01 09.


O artigo O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe a Estremadura o próximo mes de marzo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies