06/03/2025
O Concello de Guitiriz conmemorará o 8M, Día da Muller, cunha manifestación para darlle visibilidade á loita pola igualdade de dereitos e a importancia de seguir ‘Sementando Igualdade’ e de estender na sociedade os valores do feminismo.
O sábado, 8 de marzo, haberá unha manifestación con saída ás 19 horas do Campo da Feira de Guitiriz. A agrupación Trapeiros dos Vilares encargarase de poñer o peche á xornada cunha foliada.
Desde o Concello animan ás persoas asistentes a que leven as súas pandeiretas, tanto para a manifestación como para a foliada.
O artigo Guitiriz conmemorará o 8M cunha manifestación para seguir ‘Sementando igualdade’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies