Noticias y alertas

A XV Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal abre as súas inscricións

10/03/2025

Abertas as inscricións para a XV ‘Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal’, que se celebrará o sábado 5 de abril, e que está organizada polo Concello, en colaboración coa Asociación Capaces, formando parte este ano do I Circuíto de Carreiras Populares da Terra Chá.


As persoas interesadas en participar, tanto nas diferentes modalidades de carreira como na andaina, poden apuntarse ata o 2 de abril ás 23:59 horas na páxina web https://guitiriztermal.ccnorte.com.


En función dos grupos de idade, a carreira desenvolverase en diferentes modalidades e distancias. As categorías son: Andaina Adultos (2009 e anteriores)-9.000 metros; Andaina Menores (2010 e posteriores)-9.000 metros; Biberóns (2018 e posteriores)-200 metros; Carreira Adaptada-200 metros; Sub12 (2014-2015) e Sub10 (2016-2017)-800 metros; Sub16 (2010-2011) e Sub14 (2012-2013)-1560 metros; e Absoluta (2009 e anteriores)-5.000 metros.


Ademais, habilitouse unha Fila 0 para que todas aquelas persoas que o desexen, aínda que non participen na carreira, poidan facer a aportación voluntaria que consideren, que será doada á Asociación Capaces de Lugo, xunto con 1 euro de cada inscrición.


Na mesma semana da carreira presentarase oficialmente o evento no Concello de Guitiriz.


O artigo A XV Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal abre as súas inscricións publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies