Noticias e alertas

O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ visita este domingo a Cova da Serpe

11/03/2025

Este domingo, 16 de marzo, celebrarase a segunda saída da sétima edición do programa ‘BTTeando por Guitiriz’, organizado polo Concello e o club Btteiros Cova da Serpe, que visitará un dos puntos máis icónicos do municipio: a Cova da Serpe.


A saída está programada ás 10:00 horas desde a Escola das Negradas, mesmo punto onde será a chegada. Como sempre, esta ruta está aberta ao público en xeral, pero os menores de idade deben ir acompañados dunha persoa responsable adulta. É obrigatorio levar casco, así como aconsellable equiparse cunha peza de froita e levar auga.


Para participar hai que anotarse previamente no Concello ou a través das redes sociais do Club Btteiros Cova da Serpe. As inscricións estarán abertas ata o xoves anterior a cada saída programada, neste caso ata o xoves 13 de marzo.


Será un itinerario que levará aos participantes cara o punto máis alto do municipio, cun pouco máis de desnivel do habitual pero igualmente apta para todos os públicos. Ademais, ofrecerase apoio se a subida se fai máis complicada.


Sétima edición do ‘Btteando por Guitiriz’


A actividade, que se está a asentar nos últimos anos con moito éxito entre a veciñanza, consiste na realización dunha serie de rutas en bicicleta polos sitios máis característicos do municipio, ademais doutros percorridos por diferentes vilas.


Ademais desta ruta, o programa recolle esta ano outras cinco, sendo as seguintes: a Ruta e Feira en Parga (13 de abril), A Chave de Bascuas (11 de maio), O Lado Escuro (12 de outubro), a Ruta Gravel Guitiriz (16 de novembro) e a Ruta de Nadal (14 de decembro). Sempre pode haber algún cambio nas datas debido ás inclemencias meteorolóxicas ou a outra causa xustificada, ante calquera dos casos avisarase coa maior antelación posible.


O artigo O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ visita este domingo a Cova da Serpe publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies